Ola amigos!!! Con tantísimo traballo non temos tempo nin para tervos informados a través do nosoblogde todas as actividades que imos realizando, pero prometemos que cando baixemos un pouquiño o ritmo iremos subindo videos, fotos e comentarios de todo o que estamos a facer. Hoxe queremos falarvos do campamento que estamos a realizar nun centro escolar, na zona do Meixueiro. Levamos xa 3 semanas pero estase a pasar rapidísimo, parece que foi onte cando abrimos as portas. |