|
ANIMAR-T: Enviado el Sunday, December 25, 2011 4:17 AM
 Onte estivemos celebrando o Nadal cos nosos amigos de A.PA.M.P de Vigo, representando para eles "A Historia de Martín" e levándolles a visita de Papa Noel con un montón de agasallos. Pasamos unha tarde moi especial, nos encheron de sorrisos, apertas, boas palabras e moitísimo cariño. Levamos un recordo moi especial e alí nos deron o mellor agasallo deste Nadal: o seu riso. Ademáis tamén nos agasallaron cunhas axendas de 2012 personalizadas, cos nosos nomes, e encuadernadas por eles mesmos |
|
|
ANIMAR-T: Enviado el Sunday, November 27, 2011 5:20 AM
Onte vivimos unha tarde chea de maxia, unha tarde moi emotiva para todos. Por fin, despois de meses batallando nas nosas mentes, chegou a nosa quenda para axudar á nosa maneira ao noso amigo Álex. |
|
|
ANIMAR-T: Enviado el Saturday, November 12, 2011 3:49 AM
Hoxe estivemos representando "Laia, aprendiz de maga" no auditorio de Salceda de Caselas para botarlle unha pequena man (nunca mellor dito) a ONG galega "Da man" que está a reunir os fondos necesarios para construir unha escola en Senegal. |
|
|
ANIMAR-T: Enviado el Monday, October 10, 2011 6:38 PM
 Álex é un neno de 4 anos, cunha irmá maior preciosa e uns pais que os queren a rabiar. Cando naceu faltoulle oxíxeno o que lle produciu parálese cerebral. Álex soña con ser un neno normal, poder xogar no parque, correr, xogar o fútbol... pero para él, algo tan sinxelo como camiñar é, polo momento, algo imposible. Hai unha maneira de que Álex poda dar os seus primeiros pasos, hai unhas operacións que poden conseguir que os seus músculos respondan, pero é moi caro, tan caro que nin se fai cargo a seguridade social nin a súa familia podería pagalas. |
|