ANIMAR-T - ANIMAR-T
PASARÚAS "FANTASÍA"
 
 
DESCRIPCIÓN
Seis divertidos animadores con 6 pelotas flotantes xigantes de 120 cm de diámetro inundarán as rúas cun gran sorriso e moito ritmo. Interactuarán con pequenos e maiores.
 
As nosas pelotas non pesan polo que poden voar por enriba das cabezas dos nenos, teñen o peso dun globo. Pero ao estar recuberto tamén é posible xogar polo chan sen que estoupe. Son moi coloridas e perfectas para non pasar desapercibido.
 
O VESTIARIO   
 
 
Coidamos cada detalle nos nosos veatiarios, dende os pes ata o cabelo. Colección de vestuario diseñado especialmente para este pasarúas. Diseñados e confeccionados por profesionais.
 
 
 
 
 
 
        A MAQUILLAXE
 
Maquillaxes diseñadas por Fran Buceta, artista titulado en Belas Artes e Arte Dramática.
 
Ademáis, para o público máis detallista,  todos os animadores e pelotas van perfumados cunha mesma esencia, a esencia da fantasía.
 
PREZO: 1.500€* + IVE
 
*Prezo válido para os concellos das inmediacións de Vigo, para outros concellos hai que sumar os gastos de desprazamento.
 
 
PASARÚAS
"AS PRAÑIDEIRAS"
 
DESCRIPCIÓN
Ideal para os actos do enterro da sardiña. 10 actores (actores e actrices) chorarán e berrarán pola súa querida Sardiña. Montarán balbordo onde queran que vaian, causando moito espectación e diversión.  
 
Tamén cabe a opción de que lean algún texto coma o testamento ou incluso canten algunha canción. As posibilidades son moi amplas e o proxecto sempre o facemos a vosa medida.
 
Se queredes recuperar a tradición das prañideiras ou simplemente engadir unha animación a festa da sardiña non dubidedes en elexir este pasarúas.
 
PREZO: 2.490€* + IVE
 
*Prezo válido para a provicnia de Pontevedra, para outras provincias hai que sumar os gastos de desprazamento.
 
 
PASARÚAS “ZUMBEANDO”
 
 
DESCRIPCIÓN
 
Este é un pasarúas moi divertido, aínda sen estrenar. 6 abellas tolas por completo non pararán quietas, intentarán esconderse entre os nenos/as das primeras filas, saltarán, correrán… ¿Por qué? Porque dous zancudos (Zancos saltaríns) intentarán atrapalas con dous “cazamariposas” xigantes, aínda que máis de unha vez se trabucarán e cazarán a nenos/as e maiores do público.
Con tanto movemento e simpatía os risos están asegurados.
 
O VESTIARIO
 
As abellas están feitas con vestiario inflable o que o fai todo moito máis divertido.
Os zancudos teñen unha vestimenta moi chamativa (Pero para facilitar as manobras dos zancudos non será inflable).
 
 
A MAQUILLAXE
 
Os nove personaxes terán unha maquillaxe elaborada e chamativa, onde predominará a purpurina.
 
 
 
PREZO: 1.900€*+ IVE
 
*Prezo válido para os concellos das inmediacións de Vigo, para outros concellos hai que sumar os gastos de desprazamento.
 
 
 
 
 
 
Sitio Web alojado en Vistaprint