¡¡ ESPECIAL NADAL !!
VISITA DE PAPA NOEL
Papa Noel pode visitar a túa escola, a Asociación de Veciños ou incluso a túa casa para levarte en persoa eses regaliños tan esperados.
O vestuario do noso Papa Noel é da mellor calidade. Diseñado e confeccionado por profesionais do sector. (Non inclúe trono)
PREZO: 150€ + IVE*
(Para visita de ata 1 hora. A partir de ahí habería un suplemento de 60€/hora)
Visitas o 24 de Decembro a partir das 21.00H ata o 25 de Decembro ás 16.00H: 250€ + IVE*
(Para visita de ata 1 hora. A partir de ahí habería un suplemento de 60€/hora)
*Estes prezos son para Vigo, en caso de que a visita fose en outra cidade de Galicia habería que engadir os gastos de desplazamento.
MANUALIDADES DE NADAL
Para Concellos, asociacións, escolas...
En todas as manualidades incluimos o material, as mesas, as sillas, carpas (de 3mx3m, 1 carpa por obradoiro) e todo o necesario para a realización dos obradoiros.
Os prezos son para un total de 100 nenos/as. Se buscan obradoiros onde se esperan máis nen@s tamén poderíamos orzamentalo.
Prezos para 1 monitor por obradoiro. En cada obradoiro poden xogar unha media de 15 nen@s á vez.
CHAPAS CON TEMÁTICA NAVIDEÑA
O famoso e exitoso obradoiro de chapas agora con temática navideña. Os nenos/as terán un montón de modelos para elixir: Pai Noel, Os Reis Magos, a Árbore de Nadal, o Portal de Belén… Despois do difícil momento da elección a pintarán, recortarán e coa nosa máquina especial convertirán o seu debuxo navideño nunha chapa coa que poderán decorar a roupa ou a mochila do cole.
Material incluido: 100 recambios de chapas, 100 plantillas, 20 texoiras, rotuladores e pinturas.
Obradoiro de árbores de nadal 3D
Os nenos poderán fabricar a súa árbore de Nadal en 3D e despois adornala empregando a súa imaxinación con diferentes materiais.
Material incluido: 100 cartulinas A4, 100 plantillas, 20 texoiras, 20 barras de pegamento, rotuladores e pinturas.
Obradoiro de cociña navideña
Os nenos/as descubrirán o divertido da cociña. Nesta ocasión cocinarán os seus propios mazapáns navideños. Tan doado como xogar coa Inclúe un forno eléctrico que so será empregado polos monitores.
Material incluido: Papel de forno, 10 Kg de mazapán, 50 huevos, 3 Kg de fariña, moldes e material variado para xogar coa masa.
Obradoiro de monecos de neve
Os nenos poderán confeccionar o seu propio moneco de neve e vestilo de diferentes formas. Con gorro, chistera, chaqueta, lubas, corbata ou bufada. Pero o mellor de todo é que poderán vestilo e desvestilo todas as veces que queiran, creando un montón de combinacións diferentes.
Material incluido: 100 cartulinas A4, 100 plantillas, 20 texoiras, 20 barras de pegamento, rotuladores e pinturas.
Obradoiro de guirnaldas navideñas
Con cartulinas e outros materiais fabricarán unha divertida guirnalda navideña.
Material incluido: 100 plantillas, 100 cartulinas A4, la de cores, perforadoras de papel, 20 texoiras, 20 barras de pegamento, rotuladores e pinturas.
Obradoiro de estrelas en 3D
Unhas das figuras tradicionais en Nadal é a estrela. Esta se asocia ás ilusións, esperanzas, fortuna e logros personais. Por iso nunca falta unha estrela en Nadal, xa sexa na cúspide da árbore ou como adobío colgando dunha rama.
Material Incluido: 100 cartulinas A4, 100 plantillas, perforadora papel, lana de cores, 20 texoiras, rotuladores e pinturas.
Obradoiro de pinzas decorativas navideñas
Material incluido: 100 pinzas de madeira, fieltro de cores, témperas, 20 texoiras e cola blanca.
Obradoiro de orixinais postais de Nadal
Coa súa man coma molde poderán facer unha orixinal postal de Pai Noel. Será divertidísimo.
Material incluido: 100 cartulinas A4, plantillas, 20 texoiras, rotuladores e pinturas.
Obradoiro de Pai Noel móbil
Divertidos monecos de Pai Noel con 10 extremidades móviles. Parecerá que ten vida propia.
Material incluido: 300 cartulinas A4, 300 plantillas, 1000 encuadernadores, 20 texoiras, 20 barras de pegamento, 20 punzóns escolares, rotuladores e pinturas.
Obradoiro de Reis Magos
Nesta ocasión fabricaremos Reis Magos con volume.
Material incluido: 100 plantillas, 100 cartulinas A4, rotuladores, pinturas, 20 texoiras e 20 barras de pegamento.
PREZOS E OFERTAS OBRADOIROS
(Prezos para 2 horas cos obradoiros realizados o mesmo día e na mesma hora. 1 monitor por obradoiro. Prezos para uns 100 nenos/as en total)
1 obradoiro – 400€ + IVE
2 obradoiros – 680€ + IVE
3 obradoiros – 960€ + IVE
4 obradoiros – 1.240€ + IVE
5 obradoiros – 1.520€ + IVE
6 obradoiros – 1.800€ + IVE
7 obradoiros – 2.080€ + IVE
8 obradoiros – 2.360€ + IVE
9 obradoiros – 2.640€ + IVE
10 obradoiros – 2.920€ + IVE